InicioMedio ambiente e PatrimonioSarria conservará o seu patrimonio histórico con 40.000 euros por parte da...

Sarria conservará o seu patrimonio histórico con 40.000 euros por parte da Deputación

O vindeiro ano, a sociedade La Unión celebrará o seu centenario no Concello de Sarria

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación acaba de anunciar que colaborará na conservación do patrimonio histórico de Sarria cunha axuda de 40.000 euros. Deste xeito financiarase a galería do emblemático edificio da sociedade La Unión sito na rúa Matías López 26. Dende o goberno provincial destacan o compromiso do seu equipo na preservación do patrimonio arquitectónico da provincia, pois é un legado recibido que deber ser conservado por todos.

O edificio da sociedade La Unión foi construído a finais do século XIX e ata a data non se fixeron traballos de rehabilitación na súa estructura o que implica que se atope nun estado moi deteriorado. Tal é a relevancia da sociedade no Concello, que no 2019 fai 100 anos da súa implantación e a día de hoxe aínda conta con 500 socios.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...