InicioCulturaOs nenos da Escola Infantil de Escairón visitan a 'Bebeteca'

Os nenos da Escola Infantil de Escairón visitan a ‘Bebeteca’

A intención desta actividade foi dar a coñecer aos nenos/as que non superan os 3 anos a nova sección de fondos da Sala Infantil, un espazo especialmente deseñado para eles.

Publicado o

- Advertisement -

Para pechar as actividades da celebración do Día do Libro, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, en Escairón, recibiu este pasado venres 26 de abril a visita das 2 clases dos maiores da Escola Infantil Municipal.

Segundo nos conta Mónica Carballo, a bibliotecaria, presentóuselles aos nenos/as a nova sección de fondos da Sala Infantil: a Bebeteca (BBTK). Neste novo espazo pódense atopar libros en tea, plástico, e cartón duro, especialmente deseñados para idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. Polas características do lugar e do material, será doado diferencialo mellor do resto do fondo infantil.

Na xornada de achegamento a este novo recuncho da biblioteca, ademais de escoitar algúns contos, ver material e xogar cos novos incorporados á Bebeteca, convidóuselles a participar con algún debuxo no Certame Letras Galegas 2019 e a volver coas súas familias para seguir explorando a nova sección.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...