InicioCulturaSemana das letras e a lectura de Sarria

Semana das letras e a lectura de Sarria

O concello promove un amplo programa de actividades para fomentar o amor polos libros entre os máis pequenos/as.

Publicado o

- Advertisement -

O ciclo de fomento da lectura impulsado dende a Concellería de Cultura e Igualdade de Sarria empezou o 6 de maio e alongarase ata o domingo 12. De luns a venres as actividades realízanse nos centros de ensino, en horario escolar, e inclúen diferentes formatos: contacontos, obradoiros, música…

Os alumnos/as de infantil e primaria entran, así, en contacto co mundo das letras e da lectura dende diferentes vías. A través de relatos nos que se tratan, nalgún caso, temas como a igualdade, por medio de obradoiros nos que se adquiren coñecementos sobre guión audiovisual, ilustración, grafitti ou rap e tamén grazas á música con algúns concertos.

As actividades prolongaranse tamén na fin de semana, do 11 e 12 de maio, pero neste caso o lugar onde se desenvolverán será a Casa da Cultura.

Para o sábado 11 está programada unha sesión de contacontos musical para meniños/as ás 12:00 h. a cargo de Xiana Sanlés e para as 17:30 h. unha proposta de animación, “O Tesouro de Xalundes”, que combina teatro con música ao vivo a cargo de Casacoco.

O domingo 12, e como remate desta Semana das Letras e a Lectura de Sarria, haberá tres propostas de lecer divulgativo. Ás 11:30 h. terá lugar a actividade “Acción Revolución”, un obradoiro no que se traballará a técnica tradicional do stop-motion para crear personaxes e animación divertidas –actividade recomendada para nenos/as maiores de 6 anos-. A continuación, ás 12:30 h. haberá unha sesión de contacontos a cargo de Brais Das Hortas que tratará o tema do medo e como enfrontalo.

Para pechar a semana, e o ciclo sobre as letras e a lectura, concerto de Sergio Tannus ás 17:30 h. Todas estas actividades recomendadas para público infantil e familiar.

Como reza no saúdo da Concellería de Cultura e Igualdade de Sarria, este completo programa deseñouse “para converter Sarria nunha inmensa biblioteca que alimente os soños das nosas crianzas e o amor polos libros”.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...