InicioCulturaMonforte, reducto do sur de Lugo onde se celebran Os Maios

Monforte, reducto do sur de Lugo onde se celebran Os Maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrou un ano máis esta tradición expoñendo os traballos de colexios, asociacións e particulares que quixeron participar nesta edición.

Publicado o

- Advertisement -

A celebración mantense e vai moi pouco a pouco pero o importante é que haxa participación e que o concello non abandone o apoio a esta tradición primaveral galega.

Escudo de Monforte, creación da entidade Asociación Ágora / XdL
Obra floral da Asociación Albores / XdL
O Pote de facer a augardente, obra do Centro de Día / XdL

A esta convocatoria presentárone 7 Maios e os creadores dos mesmos foron:

– Centro de día

– Colexio Ferroviario

– Colexio A Gándara

– Carmen Gómez González (particular)

– Asociación Agora

– Fundación Torre de Lemos

– Asociación Albores Saúde Mental

Zanfona floral realizada polo Colexio da Gándara

O mércores, día no que se espuxeron os traballos florais na Praza España de Monforte de Lemos tivo unha climatoloxía adversa pois xusto foi chover na hora precisa, na que coincidían alí pasadas sobre as 17:30 h. da tarde. A Concelleira de Cultura agradeceu a presenza e a participación e acto seguido procedeuse á lectura dunha copla. Por mor da choiva xa non houbo practicamente continuidade do acto e houbo que recoller.Todos os concursantes, polo feito de participar, levarán un incentivo económico de 75 euros.

Abella obra do Colexio Ferroviario / XdL

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...