InicioCulturaFestival musical e espectáculo infantil para celebrar as Letras Galegas en Monforte

Festival musical e espectáculo infantil para celebrar as Letras Galegas en Monforte

Nesta semana das Letras Galegas, a Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA organiza para o 15 de maio de 2019, no Salón de Actos do Centro do Viño a presentación do libro, Compañeira, non serva, de MARÍA ROSARIO REGUEIRA CEREIJO

Publicado o

- Advertisement -

As dúas actividades centrais de conmemoración do Día das Letras Galegas no Concello de Monforte son a actuación de Fantoches Baj – Os Romeiros do Caracol. A cita será o xoves 16 de maio, as 12:00 horas no salón de actos do Edificio Multiusos, e consistirá nun espectáculo infantil sobre Antón Fraguas, figura á que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas.

Xa o venres día 17 de maio, o Concello organiza no Edificio Multiusos e a partires das 19:00 h, un festival musical dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto que contará coas actuacións dos seguintes grupos:

  • Grupo de acordeóns da Escola de Música do Concello de Monforte
  • Grupo de Gaita da Escola de Música do Concello de Monforte
  • Escola de Danza Tradicional do Concello de Monforte
  • Coral Polifónica do Concello de Monforte

Nas semanas previas desenvolvéronse outras actividades relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas, como foron o Certame de narración e debuxo infantil,  o Correlingua, que se celebrou nesta semana e o XXVIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, que ven de rematar coa entrega de premios aos participantes.

Cita de aulABERTA para o 15 de maio

Asociación Cultural, Educativa e Social aulABERTA organiza para o 15 de maio de 2019, ás 20:00 no Salón de Actos do Centro do Viño de Monforte de Lemos, a presentación do libro, Compañeira, non serva de MARÍA ROSARIO REGUEIRA CEREIJO

Maria Rosario Regueira Cereijo, nada no Concello de Taboada (Lugo) no ano 1959, inicia estudos de dereito na USC no 1978 participando activamente nas loitas estudantís e sociais dende a militancia nacionalista. Tamén nesa época participou na fundación de Mulleres Nacionalistas Galegas. No 2015 publica súa primeira novela “Sabela”, no 2016 o ensaio “Esbozos do Deporte Galego, unha aproximación ó atletismo”. En decembro do 2017 a Editorial Toxosoutos saca á rúa a súa segunda novela “Cando pasou o que pasou” e agora publica “Compañeira, non serva”

COMPAÑEIRA, NON SERVA é unha novela comprometida porque para a autora as artes e a literatura teñen unha función social. Tal como indica a autora “A novela reflicte o desamparo das mulleres do rural galego. E faino coa historia de varias xeracións de mulleres, desde 1920 ata a actualidade. A través das súas historias vemos os cambios lexislativos que houbo, o papel da igrexa católica -pedíndolles ás mulleres que aguantasen-, os cambios.”

 

Cartel

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....