O vindeiro venres 31 de maio terá lugar en Monforte a segunda das actividades que se engloban baixo o título “1809: Os Franceses en Monforte”, ciclo que ten por obxectivo conmemorar os sitios de Monforte polas tropas napoleónicas no seu 210 aniversario. Este ciclo organízao a concellería de Cultura en colaboración coa asociación de Amigos Patrimonio de Lemos.

Margarita Rodríguez Otero, a Cronista Oficial da cidade, dará a conferencia, “Os franceses en Monforte: Historia de tres invasións”, será o día 31 a  partires das 20.15 no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra. O 7 de xuño, José Fernando Navas Ramírez-Cruzado, dará a conferencia Guerra de la Independencia en Galicia. El Batallón de Monforte y la heroica gente de Lemos”.

“1809: Os Franceses en Monforte”, recolle tamén a celebración de 9 ciclos de charlas nos centros educativos monfortinos, que corren a cargo do investigador local, Felipe Aira e que teñen por obxectivo achegar aos escolares este período.

Roteiro Fiz Vergara Vilariño

A asociación Ergueitas de Sarria celebra o 15 de xuño o Roteiro pola Lóuzara Xabreira de Fiz Vergara Vilariño. Na xornada de lembranza do Fiz mesturaranse poesía, música, arte, natureza, etnografía, gastronomía e festa. Para participar hai que incribirse a través do correo ergueitos@gmail.com  ou no teléfono 677429225.