InicioCulturaO músico Pablo Mendoza impartirá unha clase gratuita en Monforte

O músico Pablo Mendoza impartirá unha clase gratuita en Monforte

O guitarrista venezolano, un dos mellores de Latinoamérica, atópase inmerso nunha xira por España.

Publicado o

- Advertisement -

O vindeiro luns día 10 o guitarrista venezolano Pablo Mendoza ofrecerá unha clase maxistral no Centro Cívico de Monforte. O acto, que está organizado pola Escola de Música de Moderna, terá lugar ás 20:30 e será totalmente gratuito.

Mendoza, de orixe venezolana, está considerado como un dos mellores guitarristas de Latinoamérica. Deste xeito, durante a súa extensa carreira como músico de rock, ten colaborado con artistas coma Joe Satriani e Paul Gilbert. A súa parada en Monforte está enmarcada nunha xira por España na que está a impartir clases maxistrais en diversos puntos do país.

Esta conferencia estará especialmente dirixida a motivar aos afeccionados á música para que consigan as ferramentas para mellorar a súa técnica. Ademais, Mendoza sorteará entre os asistentes un dos seus discos de estudios, así como un álbum da banda de rock Backhand, na que el participaba.

Cartaz da Masterclass de Pablo Mendoza / Escola de Música Moderna

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...