InicioCulturaA Banda de Música de Sober celebra o seu 150 aniversario

A Banda de Música de Sober celebra o seu 150 aniversario

A formación prepara un gran concerto de conmemoración para o 13 de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

A Banda de Música de Sober cumpre este ano o seu 150 aniversario. Por iso, durante os próximos meses organizará unha serie de actos para celebrar esta feliz data. O primeiro consistirá nun concerto da formación, no que estarán acompañados polo grupo local “Os Parentes”. A actuación terá lugar o sábado día 13 de xullo ás dez da noite na Praza do Concello.

No mes de agosto a Banda preparará un gran concerto coa participación de todos os músicos e directores que teñan formado parte da institución. Posteriormente farán un xantar de confraternidade para conmemorar este século e medio de música.

Dende a propia Banda soberina agradecen a colaboración de todas as persoas que fan posible esta celebración e aseguran que este fito axudará a seguir facendo historia nun concello cunha enorme tradición musical. Pola súa parte, o alcalde Luis Fernández Guitián convida a todos os veciños a participar destes actos.

Cartaz do concerto da Banda de Sober / Cedida

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...