Facer un ‘podcast’, actividade innovadora na Biblioteca do Saviñao

Levarase a cabo o venres 5 de xullo ás 12:00 h. e está recomendada para nenas e nenos a partir de 10 anos.

Damián Alonso Lorenzo. Foto: Pili Alonso

O lema da actividade é “Ven e achégate, imos facer un podcast! Queres aprender a facer un podcast? Aquí aprenderás a escribir e guionizar, a interpretar, a locutar e a editar un podcast!”

Será impartida por Damián Alonso Lorenzo, formador no proxecto Solovoz e con experiencia como actor de dobraxe e de teatro. Guionista e creador de “cachosdesqueches” é tamén a voz de Click Clack na serie de debuxos aninados “Dinotrux”, entre outras. Alonso ten impartido máis de 150 obradoiros e cursos por toda Galicia, formacións nas que o punto de encontro e protagonista é a voz. Obradoiros de radio, podcast, falar en público, comunicación, lectura interpretada e teatro.

Esta actividade está recomendada para nenas e nenos a partir de 10 anos, ten unha duración de dúas horas e enmárcase dentro do programa coñecido como Ler conta moito, ciclo encamiñado á organización de actividades de dinamización da lectura. Está financiado pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here