InicioCulturaMonforte busca ‘cabezudos’ para as Festas Patronais

Monforte busca ‘cabezudos’ para as Festas Patronais

Como cada ano convócase a interesadas e interesados que queiran participar portando estes personaxes típicos nas festas grandes de Monforte de Lemos. O prazo para inscribirse empeza mañá luns, día 15 de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos dispón de 10 prazas para portar os outros tanto ‘cabezudos’ que interveñen nas festas de agosto, e asignaranse aos que se presenten por rigorosa orde de inscrición. Se o número de inscricións supera ó número de prazas ofertadas, abrirase unha lista de reserva co fin de chamar a persoas desa lista pola orde na que figuren nela no caso de que se produza a imposibilidade de realizar o percorrido nas datas deste ou nalgunha delas por parte dalgunha das persoas con praza.

Este luns, 15 de xullo, abrirase o prazo para que as persoas que desexen participar podendo realizar a pertinente inscrición nas oficinas do rexistro municipal, situadas na Casa do Concello, entre as 9:00 e as 14:00 horas. O derradeiro día para anotarse será o xoves, 9 de agosto.

Os cabezudos percorrerán as rúas do centro da cidade o luns 12 e o xoves 15 de agosto en horario matinal e a actividade terá remuneración económica. En canto aos requisitos para poder participar nela, ademais de realizar a inscrición no rexistro, haberá que ser maior de idade ou, no caso de ser menor, contar coa preceptiva autorización dos pais ou titores.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...