InicioCulturaArtelemos bate récord de participantes

Artelemos bate récord de participantes

A mostra de artesanía monfortina celebrarase entre os días 3 e 7 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

A edición número 21 da mostra de artesanía Artelemos terá lugar en Monforte do 3 ao 7 de agosto. Este evento, que serve como prólogo das Festas Patronais da localidade, traerá a rúa do Cardenal artesáns de todo tipo e actividades para os máis cativos. Nesta edición haberá 29 profesionais da artesanía amosando o seu traballo, dous máis ca no 2018 e 7 máis ca no 2017. Isto dá conta do crecemento que está a experimentar este evento, que naceu no 1996 e está xa consolidado.

Coma en anos anteriores, os artesáns agruparanse en carpas separadas de catro stands cada unha. Todos os postos contarán con tarima, iluminación e rotulación promocional e o horario de apertura será de once da mañá a once da noite.

Dende o Concello de Monforte afirman que o obxectivo de Artelemos é tentar “achegar a artesanía local e galega á xente da rúa“, cunha gran variedade de disciplinas. Nesta feira será posible atopar cerámica galega, coiro, cestaría, complementos e moda, entre outras. Tamén será posible ver en vivo a elaboración destes produtos, xa que haberá diversas demostracións.

A inauguración oficial da mostra terá lugar o sábado día 3 ás once e media da mañá. Ese mesmo día será posible acudir a unha demostración de Olería tradicional da Ribeira Sacra e os nenos poderán entrar en contacto con este oficio nun obradoiro de olería. O domingo haberá unha xuntanza de palilleiras e o luns un obradoiro de barro para nenos fará as delicias dos máis cativos. O martes a artesá Pilar gonda fará unha demostración dunha peza de lá fieltrada e o mércores, como peche da mostra, un artesán fará unha demostración de Olería de Gundivós.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...