InicioCulturaCine Xacobeo na Pobra do Brollón

Cine Xacobeo na Pobra do Brollón

A Área Recreativa de Samugueiros acollerá todos os xoves de agosto a proxección dun filme relacionado co Camiño de Santiago.

Publicado o

- Advertisement -

O próximo xoves día 1 de agosto comezará na Pobra do Brollón o ciclo de cinema ao aire libre “O Camiño na Gran Pantalla”. Todos os xoves de agosto proxectarase ás dez da noite na área recreativa de Samugueiros un filme relacionado co Xacobeo. O primeiro será “O Apóstolo”, unha película de animación gañadora de seis Premios Mestre Mateo. Está realizada coa técnica do stop-motion e dirixiuna Fernando Cotizo.

A seguinte película, que se poderá ver o día 15, é “Pelegrinaxes”, do italiano Simone Saibene. Trátase dunha mestura entre documental e ficción e recrea o percorrido que fixeron en 1927 os membros do Grupo Nós Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey entre Ourense e Santo André de Teixido.

O xoves 29 será o turno de “The Way” (“O Camiño”), dirixida polo realizador estadounidense Emilio Estévez. Esta cinta está protagonizada polo seu pai, Martin Sheen, cuxas orixes se atopan no municipio pontevedrés de Parderrubias. “The Way” está recoñecida por ser un dos instrumentos clave para a popularización do Camiño de Santiago en Norteamérica.

Haberá, tamén, dúas proxeccións máis de carácter solidario. O sábado día 3 proxectarase na Casa da Cultura a curtametraxe documental “La Niña Bonita”, que retrata a realidade dos refuxiados. O custe da entrada será de 2 euros, e a recadación será destinada integramente a Acnur.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...