Música miúda na Biblioteca do Saviñao

Actividade para público familiar incluída no ciclo 'Ler conta moito' de animación á lectura.

Miguel Alonso. Foto: M. Alonso
Como anticipo ás Festas Patronais, o cantautor e escritor Miguel Alonso visitará a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, mañá venres 2 de agosto ás 12:00 h., coa actividade Música miúda para público familiar, a partir de 3 anos.
Os participantes coñecerán a Meiga Xela, o dinosaurio Pepón e a Banda do Carballo ademais das historias de Bemol Pequeno. Contacontos e música para facer pasar aos asistentes unha hora de entretemento de calidade.
A actividade está incluída no ciclo de animación á lectura nas bibliotecas públicas Ler conta moito, financiado conxuntamente pola Consellería de Cultura e o Concello do Saviñao.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here