HomeCulturaPolémica en Sarria por Barriga Verde

Polémica en Sarria por Barriga Verde

O secretario da Asociación Cultural, Morreu o Demo, para recuperación do Títere Tradicional Galego, sae ao paso das criticas verquidas contra o espectáculo que se levou a cabo no Concello de Sarria o pasado sábado, 3 de agosto, ás 9.30.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado sábado levouse a cabo no paseo do malecón, en Sarria, o espectáculo Barriga Verde de Larraitz Urruzola, obra coproducida por Asociación Cultural Morreu o Demo. O acto, destinado a tódolos públicos, non foi do agrado de varios grupos de pais e nais que acudiron a ver a representación cos seus fillos e que posteriormente calificaron a actuación de “bochornosa e pouco axeitada para o público infantil”.

Germán Ermida, secretario da Asociación Cultural Morreu o Demo para recuperación do Títere Tradicional Galego, defende Barriga Verde por tratarse dunha tradicion de séculos “viva e recoñecida en toda Europa, con personaxes senlleiros. Pretender que os títeres de cachaporra non teñan cachaporra é como se queixar de que os peliqueiros batan coa zamarra no entroido de Laza.” Sinala Ermida que pensar que os títeres son só para cativos fala de “descoñecemento e prexuizos, inimigos da cultura.”

Morreu o Demo traballa desde hai anos para popularizar e reivindicar o representante galego desta tradición, Barriga Verde, e ten desenvolvido múltiples exposicións, publicacións e xornadas sobre o personaxe. Cada ano fan o festival Titiriberia en Teo onde se poñen en escena, ante todos os públicos, representacións da tradición europea de títeres. Asegura German Ermida, que nestes casos nunca se deu ningún problema.

Trala resposta deste sábado en Sarria, Ermida afiánzase no traballo que desenvolven. “Sabemos que a falta de coñecemento ante a nosa propia tradición dificulta moitas veces comprender o que se está a ver, por iso cómpren proxectos coma o noso, para evitar que esmoreza unha parte da nosa cultura que durante anos foi un referente da escena en galego.”

Para a defensa do espectáculo, a asociación aporta traballos que afondan no papel histórico das representacións con bonecos, que se utilizaban para canalizar e expresar de xeito público “as críticas, anceios e frustracións de boa parte da poboación da época. Nestas representacións destacaba tamén o emprego sistemático da lingua galega o que o fixo un caso único no panorama escénico do país durante o franquismo.”

Cartel de Barria Verde en Sarria

ÚLTIMAS

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...

O Saviñao organiza un acto solidario cos damnificados pola DANA

Desde o Concello do Saviñao fan un chamamento á solidariedade de toda a veciñanza...