InicioCulturaSolidariedade na Pobra do Brollón cos refuxiados

Solidariedade na Pobra do Brollón cos refuxiados

O Concello da Pobra do Brollón desenvolve unha programación solidaria cos refuxiados durante dous sábados con charlas e proxeccións.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado, 17 de agosto, o artista e defensor dos dereitos humanos, Mohamed Said Hamdad, ofrecerá unha charla na Casa da Cultura da Pobra do Brollón a partir das 20.00. Ademais da charla, farase a proxección fotográfica, Papeles Mojados, que tratará a temática das persoas refuxiadas e emigrantes.

Mohamed Said é militante de Amnistía Internacional en España e Alxeria, e mediador intercultural con SOS Racismo Galicia.

A programación solidaria na Pobra do Brollón remata a vindeira semana coa proxección da curta documental El loco del desierto, dirixida por Julieta Cherep. Narra a historia e proxecto de Tateh Lehbib, un refuxiado saharaui que construíu un refuxio resistente ao calor e ás tormentas de area con botellas de plástico.

A proxección deste documental farase o sábado 24. Para acudir á proxección será necesario abonar unha entrada simbólica ao prezo de 2 euros. A recadación destinarase integremente a Acnur.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...