Encontro de poetas no Val de Quiroga

Este sábado 31 de agosto a partir das 19:00 h, celébrase o XXI Encontro de Poetas no Val de Quiroga. A cita organizado polo Concello de Quiroga, terá lugar na casa da cultura.

Vista de Quiroga. Fonte: Facebook Concello de Quioga

Esta edición do certame poético será presentada polo poeta ponferradino Emilio Vega, contando como pregoeiro co poeta de Chantada Ramón Rodríguez Porto. O acto contará coa música en directo do cantautor Javier Rodríguez Sotuela e o dúo Yoton integrado por Toni Eudosieva e Yoan Grudikov. Contarase coa participación de máis dunha trintena de poetas, algúns veñen participando desde a primeira edición e outros incorpóranse de novo.

Con este Certame o Concello de Quiroga quere fomentar o interese pola literatura en xeral e pola poesía en particular, ademais de ofrecer a posibilidade de desenvolvemento da creatividade de todos os poetas e as poetisas, algúns ata este intre no anonimato, que atopan neste tipo de eventos o lugar axeitado para expresar e mostrar a súa obra.

Unha vez rematado o evento entregaráselles aos participantes un detalle para agradecerlles a súa participación neste novo encontro de poetas no Val de Quiroga.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here