InicioCulturaSarria vive a súa Noite Meiga XLIX

Sarria vive a súa Noite Meiga XLIX

Este sábado, 31 de agosto, á 01.00 terá lugar a mítica Danza da Noite Meiga, que estará seguida do concerto baile con LouBand e Los Mecánicos.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos, adicada á música e danza tradicional, organiza un ano máis a cita coa Noite Meiga de Sarria, que terá lugar no Chanto. Esta XLIX edición da Noite Meiga contará co pregón, este sábado 31 de agosto, ás 20.00 de Abraham Cupeiro, para posteriormente proceder á entrega de premios e recoñecementos. Ás 20.45 actuará o grupo de gaitas e os grupos de danzas Garulaxe e Burbulliñas de Meigas e Trasgos. Ás 20.00 terá lugar a cea.

Xa na madrugada contarase con queimada popular no lar social de Meigas e Trasgos. Ás 01.00 terá lugar a mítica Danza da Noite Meiga. E ás 01.30 comenzará o concerto baile con LouBand e Los Mecánicos.

As actividades prolongaranse ata o domindo coa Tardiña Meiga. De 12.00 a 14.00 contarase co taller, a tardiña do tesouro da Bruxa Piruxa. A Festa da Empanada terá lugar de 14.00 a 17.00 e ao remate o Mago Lolo presentará o seu espectáculo infantil. As propostas da Noite Meiga comezaban xa este venres coas actuacións de Malditos Roedores, Taninos Maduros e Noel Durán.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...