Sombras chinesas, maxia e contos na Biblioteca de Chantada

Os protagonistas da actividade. Foto cedida

Este venres 13 de setembro a Biblioteca Municipal de Chantada de 12.00 a 13.00 h. organiza unha actividade de sombras chinesas, maxia, contos e fábulas da man de Ian & Elisa Alfaya.

Esta actividade está destinada principalmente para o persoal que asiste ao club de lectura pero tamén pode participar todo o público adulto que estea interesado. Organízaa a propia Biblioteca dentro do programa Ler conta moito subvencionado pola Consellería de Cultura e o Concello de Chantada.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here