InicioCulturaPantón, o recuncho dos segredos sen explorar

Pantón, o recuncho dos segredos sen explorar

Publicado o

- Advertisement -

Entrevista realizada por Lucas Vázquez, membro do colectivo “Segredos de Pantón” a Francisco Javier González, Técnico de Turismo do Concello de Pantón.

Que supón para Pantón o turismo?

Sempre falando dende a miña óptica persoal, o turismo para Pantón supón un motor de desenrolo económico e social. Non só a riqueza que poda xerar en distintos ámbitos da vida económica, senón tamén o contacto social que pouco a pouco vai transformando a vida das nosas xentes e a súa forma de pensar. Unhas veces para ben e outras para non tanto.

Ten o  Concello elementos especiais, destacables, para ser un municipio activo turística mente?

O potencial de Pantón está comezando a ser explotado e coñecido. Os pasos a dar deben de ser lentos pero seguros e ter en conta as características propias do medio en que se actúa. O noso Concello ten un potencial moi forte pero debemos dosificar a posta en marcha de proxectos ata que estean totalmente rematados e aproveitados na súa totalidade. Por outra banda, deberíase de valorar todo aquelo que fose singular sen abandonar o común a outros concellos. O turismo deberá de ser un obxectivo a acadar en conxunto por toda a comarca.

Pensa que a forma de aproveitar os nosos recursos turísticos son os adecuados?

Todo proceso é susceptible de mellora. En concellos pequenos como o noso, onde non se conta con técnicos das diferentes parcelas da vida municipal, moitas veces a forma de avanzar a e través do ensaio acerto-erro. Todos os comezos son difíciles. Hai que ir estudando os recursos máis aproveitables, acadables e rendibles e non sempre levan a velocidade que un desexa.

Pensa que habería algunha outra forma de xerar os recursos turísticos que posúe Pantón?

Por suposto, o que se está a facer soamente é o comezo dun proxecto que levará moito tempo e que necesita a colaboración de todos. Non podemos xerar dinámicas turísticas que logo choquen cun medio ambiente degradado, un feísmo abondoso ou falta de profesionalidade en algún campo e por outra banda, a administración deberá de dar o asesoramento e moitas veces, a axuda, con medios para este cambio.

Dentro do plan turístico na Ribeira Sacra, Pantón resulta ben difundido e aproveitado ou resulta un municipio desaproveitado?

Deberíamos de definir a palabra desaproveitado e comparado co que ou quen. Si falamos de todo o que está por facer, ben por falta de medios ou implicación privada, si que está desaproveitado. Pero si o comparamos co turismo que había dez anos vemos que a explotación de recursos foi importante e todo é parte dun proxecto que está suxeito a uns orzamentos que non sempre son os que se conseguen e a uns tempo de execución.  Pero quero incidir en que o Plan Turístico da Ribeira Sacra non é algo que dependa únicamente das institucións. Cada un de nós temos algo que dicir e que facer. A nosa implicación como veciños é imprescindible.

Pensa que o turismo deberíase de ver dende a óptica de aportar á zona e que se reflicta nos veciños e non só na mellora das instalacións para os visitantes?

Por suposto que debe mellorar a entorna. Cando algo troca, iso incide tanto nos usuarios como nos veciños. Na mesma forma en que se pide colaboración das institucións é importante a colaboración dos veciños. O turismo non debería de ser unha parcela que se xestione mediante números, accións e resultados que se midan ou melloren nun despacho, ten que transcender ao medio sobre o que se está a traballar.

Estou convencido de que os programas que se pretenden levar a cabo teñen como finalidade a mellora do ben e do medio sobre o que actúa e en paralelo que repercuta de forma positiva na entorna, entendendo por tal a xente e a paisaxe. Calquera actuación vai a ser aproveitada pola persoa que nos visite, pero quen realmente se deberá beneficiar e gozar a diario das melloras son os veciños.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...