InicioCultura"Naturalidade, liberdade, amor en todo e a todo" é o que lle...

“Naturalidade, liberdade, amor en todo e a todo” é o que lle aporta a Ana Vila ser poeta labrega

Publicado o

- Advertisement -

Ana Vila Portomeñe, poeta labrega, nacía en Meixonfrío, no Concello de Taboada fai 50 anos. Hoxe ten autopublicados 4 libros de poemas e segue escribindo poemas cheos de emoción e sentimentos polo rural e pola terra. Escríbeos no móbil, mentres está coas vacas na terra que a viu nacer e medrar.

Desde cando escribes?

Desde sempre, desde pequena nas portas dos baños do colexio, … jajaja. Máis “profesionalmente” cando meu pai enfermou e estaba con el no hospital. Antes era compartir cousas con amigos, cando escribías as postais de Nadal,… No hospital tiña máis tempo e decidín adicarme máis en serio. Desde o 2005, cando naceu meu fillo Brais, escribo habitualmente, aproveitaba cando el durmía a sesta. A publicar comecei no 2015.

Por que poesía?

Escribo poesía porque me sae, nun momento determinado. Na narrativa tes que estar moito máis pendente da novela que estás a escribir. No caso da miña poesía, según me sae, así a escribo.

Que supón para ti escribir?

É unha forma de transmitir o que sinto nun momento determinado, nada máis. Sempre me gustou tararear, ahora levas o móbil coas vacas e comecei a escribir no móbil,…. Cando tes unha idea, ves unha imaxe, alguén che di algo,… esa sensación trasladala ás letras.

Ana Vila Portomeñe

Poeta labrega,… unha mestura perfecta?

Nun roteiro que participei lendo poesía, alguén en lugar de dicir poeta gandeira, dixo: poeta labrega e pensei: que bonito! e collino para mín.

Poderías ser poeta da cidade. Que che aporta o ser labrega?

Naturalidade, liberdade, amor en todo e a todo, …. Podería ser da cidade, teño cousas sobre a cidade, pero ultimamente é moito agobio, gústame máis o relax e a tranquilidade do rural antes que a da cidade.

Como é o día a día de Ana?

Levántaste sobre as 6.30, munxes as vacas, daslles aos coellos, aos porcos, ás galiñas, preparas o almorzo, acompañas ao fillo ao autobús, vas comprar algo, vas coas vacas de pastoreo, fas a comida, lavas a roupa…. Despois temos épocas de máis traballo na ensila ou cando recolles as patacas. A todas as horas hai algo por facer.

Escenario de Ana para escribir / Ana Vila

Escribes todos os días?

Escribo cando vexo algo ou xurde algo, case todos os días,  pero non todos os días. Igual un día saenme 10 seguidos e logo paso unha semana sen escribir.

Publicados Pintasías, Algo de mí con mucho de ti, Latexos dunha labrega, Sentidos nunha aldea. Que atopamos neles?

Son libros autopublicados, traballo cunha imprenta e encuardena artesanalmente unha rapaza. Tiña falado con algunha editorial, pero non me convencía. Facédoo eu sabía que sería máis o que eu quería. Así vai ao meu gusto algo para deixar aí, sen facer do libro, dos poemas, algo moi materialista.

En canto á miña poesía é moi sinxela, non é unha poesía crítica, é de sentimento. Cando algo che gusta, valóroo así… amor á terra, amigos, a todo. Poesía con algo de ánimo, en positivo. Non é rebuscada, con rimas ou estrofas perfectas.

Como valoras esa relación entre a cultura e o rural que ti estás vivindo? Como ves o rural?

Por exemplo, este sábado 12 de outubro estou na Casa do Romualdo, en Vilela, aquí en Taboada, cunha actividade que se chama Historias de cabezóns e loitadoras, na que intervirán outas persoas como Ana Rey Gay, Xosé Manuel Vázquez, Francisco Almuiña ou Anxo Moure. Que quero dicir con isto? Que os concellos teñen no rural a xente moi válida, con cualidades por exemplo artísticas e todos deberiamos aproveitar esas cualidades, tamén os propios veciños.

Habería que darlle entre todos máis visiblidade ao que se ten ao carón e non só aos que teñen nome. É fundamental apoiar o rural para que tire para adiante porque sen o rural non hai máis nada. Temos que estar orgullosos de onde somos e o que facemos. E os que teñen o as na manga, mellores prezos e máis servizos. Parece que realmente non lles interesa o rural. Non ten senso facer cousas para impulsar o rural e facelo nas cidades e non facelo tamén no rural. Gustaríame que seguise habendo aldeas, que seguinse tendo vida, que seguisen respirando, pero tal como está isto véxoo moi difícil.

Dos nosos antepasados, van quedando

poucas memorias, nun rural cada vez máis

queimado pola paisaxe de contrabando.

O corazón esta lembrando, tempos de

humildes lareiras, con aquil vivir aprezado

cheiño de traballo honrado.

lembranzas que me abrazaron, esbarando

rebulideiras, o ver iste mundo enterrando,

alentadas que respiramos….

Ana Vila

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...