InicioCulturaA Pobra do Brollón comeza as súas foliadas guímaras

A Pobra do Brollón comeza as súas foliadas guímaras

Este venres, 11 de outubro, ás 21.00 en Salcedo celébrase a primeira foliada do ciclo de foliadas organizado polo Concello da Pobra do Brollón e a Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ en colaboración coas diferentes asociacións veciñais do Concello.

Publicado o

- Advertisement -

A cita será na Casa da Escola de Salcedo este venres, onde haberá bebidas e pinchos; a música estará a cargo dos asistentes que veñan con ganas de tocar e bailar. Como toda foliada que se preste, a participación é totalmente aberta e libre.

Segundo comenta Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura, “estas Foliadas Guímaras xorden coa idea de que os máis de cen alumnos que temos na Escola de Música poidan poñer en práctica o que aprenden nas clases”; e engade “por outra banda, con esta iniciativa queremos descentralizar a programación cultural e dinamizar as parroquias aproveitando os locais sociais para unir á comunidade”.

Esta primeira Foliada Guímara inaugurará as clases da Escola municipal de Música, que comezan a semana próxima. O obxectivo ao longo do curso é facer unha foliada mensual en diferentes parroquias da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...