Bóveda celebra o Día da Biblioteca

O alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda visitou o Centro Sociocultural con motivo dos actos programados polo Concello para conmemorar o Día da Biblioteca.

Día da Biblioteca / Concello de Bóveda

Os alumnos tiveron a posibilidade de asistir ao espectáculo ‘Contacantos’ de Sergio Rivas.

Iria Mejuto, a solista de Black, estivo na Biblioteca Municipal para participar tamén nos actos organizados polo Concello con motivo do Día da Biblioteca. Ofreceu o espectáculo ‘Un paseo entre liñas pola música negra. Soul e literatura’ pensado para a mocidade e adultos.

Os actos de conmemoración do Día da Biblioteca seguiron co obradoiro de danza tradicional ‘A bailar canda os tempos’ a cargo de Nerea Consuelo Fernández.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here