A música conquista a Pinguela

Nectarine Soul, o grupo formado por profesorado da Escola de Música Moderna de Monforte, ofreceu un concerto didáctico para os alumnos do IES A Pinguela de Monforte.

Nectarine Soul na Pinguela / IES A Pinguela

Os integrantes de Nectarine Soul interpretaron e explicaron obras de diferentes estilos musicais (rock, funk, soul, jazz, pop…) e informaron ó alumnado do IES A Pinguela de ESO e
Bacharelato dos matices que ofrecen cada unha das súas especialidades.

Gonzalo Herrero, director e profesor de Baixo; Lorena Doval, de Canto; Diego
Padín, de Piano; Luis Rivas, de Batería; e Diego Sanjorge, de Guitarra,
fixeron unha demostración das posibilidades dos seus instrumentos e voz e, ó
remate, responderon as preguntas dos alumnos.

Este concerto lúdico estaba organizado polo departamento de Música do instituto.

Nectarine Soul / IES A Pinguela

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here