InicioCulturaXurxo Souto facendo país en Láncara

Xurxo Souto facendo país en Láncara

O músico e escritor, Xurxo Souto, vén de recibir en Láncara, o Premio Facer País, outorgado pola  Asociación Cultural Val do Láncara en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A xornada comezou cunha recepción institucional ao músico e escritor na Casa do Concello de Láncara, na Pobra de San Xiao, onde asinou no libro de honra. A conmemoración, á que asistiu o deputado de Deportes, Artesanía e Deseño e Memoria Histórica, Efrén Castro, transladouse a Casa Grande de Láncara onde se serviu un aperitivo e se fixo a clásica foto de familia, ao berro de “Medre Láncara! Medre!”.

Despois, en Carracedo, á carón da emblemática ponte sobre o Neira, o premiado recolleu o galardón, unha escultura feita polos irmáns Rodríguez Acín, de Fundicións Acín de Bosende, en Lugo, doada polo Centro de Artesanía e Deseño (Centrad).

A xuntanza, que como cada ano reuniu en Láncara a personalidades do mundo da cultura de todo o país, culminou cun xantar de confraternidade.

Xurxo Souto, recoñecido polo “súa labor de difusión da cultura, especialmente entre a mocidade, sumouse a unha listaxe que ven medrando desde 2002, e na que figuran lsaac Díaz Pardo, Luis Tosar, o grupo Milladoiro, Xosé Manuel Beiras Torrado, Xosé Neira Vilas, o diario A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, a Real Academia Galega, Mini e Mero, Agustín Fernández Paz, a Mesa pola Normalización Lingüística, Marica Campo, Basilio Losada Castro Margarita Ledo Andión, a Asociación Cultural Xermolos, e a familia Seivane.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...