InicioCulturaA música inunda Monforte

A música inunda Monforte

Como todos os anos, por as mesmas datas. os alumnos do Conservatorio Municipal, fan unha mostra musical de todo o aprendido durante o curso de xeito gratuito para todos os asistentes

Publicado o

- Advertisement -

O martes 19 e o xoves 21, todos os que se acheguen a Monforte, poderán gozar de dúas xornadas de celebración e música no Conservatorio de Música Profesional Mestre Ibañez da localidade.

Deste xeito, o martes 19, ás 19:00 horas, celebrarase o festival de fin de curso. O evento será a cargo do alumnado do conservatorio, nas especialidades de violín, guitarra, clarinete, frauta, saxofón, tuba, trombón de varas, trompeta e percusión en modalidade de individual, dúo e en pequenos grupos de cámara. Neste concerto tamén actuarán os grupos de preconservatorio, coro e orquesta que interpretarán obras de autores clásicos e contemporáneos.

O xoves, 21 de xuño, entre as 19:00 e 21:00 horas, os alumnos do conservatorio celebrará a VI Xornada do Conservatorio na Rúa. O acto celebrarase ó mesmo tempo entre as rúas Cardeal e Hermida Balado. Trátase dunha mostra musical ó aire libre que pretende dar a coñecer a actividade que se realiza dun xeito distinto, procurando a formación integral do alumnado e intentando crear, ó mesmo tempo, un ambiente musical no centro da cidade.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...