Sober busca logo para as Merendas con Contos

O Concello de Sober convoca un certame para conseguir un logo que identifique as Merendas con Contos, actividade de animación á lectura que se celebra todos os venres no Centro Sociocultural.

Merendas con contos / Concello de Sober

Poderán participar no certame todas as persoas de 14 anos en adiante, presentando todas as propostas que desexen. O prazo de presentación dos traballos remata o 2 de decembro.

Ao gañador outorgaráselle un premio consistente nun libro electrónico e un diploma acreditativo. O logotipo deberá reflexar a natureza das Merendas con Contos, tendo en conta os seguinte aspectos:

  • Está dirixida a nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos.
  • O seu obxetivo fundamental é a animación á lectura, a través dos libros, dos obradoiros e das novas tecnoloxías.

Os deseños deberán ser orixinais e inéditos, sendo responsable o autor de que así sexa. Os participantes certifican que o logotipo é froito da súa creatividade persoal, que é o seu propio traballo, e que non infrinxiu os dereitos de autor doutras persoas. Enviarase en soporte dixital, coa maior resolución posible.

A propiedade do logotipo premiado cederase ó Concello de Sober, que se reserva todos os dereitos de propiedade e uso da proposta premiada

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here