InicioCulturaTriacastela abre a biblioteca escolar á veciñanza

Triacastela abre a biblioteca escolar á veciñanza

O Concello de Triacastela e o CEIP Eduardo Cela Vila acordaron un sistema de préstamo de libros da biblioteca escolar do que se poderán beneficiar todos os veciños e veciñas interesados.

Publicado o

- Advertisement -

A biblioteca escolar estará aberta os martes en horario de 10:40 a 13:00 horas para quen queira achegarse. Aquelas persoas que prefiran ir en horario de tarde poderán concertar unha cita previa chamando ao número do CEIP Eduardo Cela Vila no 982 82 82 98.

Os usuarios da biblioteca poden consultar os volumes no propio centro e levalos para as súas casas baixo un sistema de préstamo de balde. Poderán acceder a todo o material do que se dispón e tamén facer uso dos ordenadores da biblioteca con só cubrir unha ficha de usuario ou usuaria.

Abundante material

A biblioteca do centro dispón de abundante material, tanto volumes infantís, como obras especializadas e de estudo, enciclopedias e numerosas referencias literarias, tanto en lingua galega como castelá, así como de autores galegos e de fóra da Comunidade.

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, anima aos veciños e veciñas a facer uso deste servizo que lles vai permitir acceder de maneira gratuíta a numerosas referencias bibliográficas, tanto para as persoas que se estean formando, como para aquelas que só busquen ocupar parte do seu tempo de lecer.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...