Tarde de teatro nos concellos de Pantón e Bóveda

'As filla de Eva'.Foto: Nova Escena Teatro

A Casa da Cultura do Concello de Pantón acolle o domingo 24 ás 18:00 h. unha interesante obra de teatro enmarcada no Programa Proscenio que promove a Deputación Provincial de Lugo. Lila Teatro leva a escena “Rara avis“, unha obra que fai honra a todas esas persoas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.

Por outra banda, o Concello de Bóveda programa para este domingo ás 18:30 h., e dentro do ciclo Buxigangano da Deputación de Lugo, “As fillas de Eva” de Nova Escena Teatro. A representación terá lugar no Centro Sociocultural e a entrada é de balde.

A historia discorre nun país asolagado por unha longa guerra onde Eva loita por soster a casa e as fillas, fiando con esforzo o día a día entre o desánimo e a esperanza. Para ela o futuro repousa no seu único fillo varón. A chegada do seu marido desestabiliza o feble equilibrio do seu mundo. Trátase dun drama no que se reflexiona sobre o papel da muller nos conflitos armados. A obra é de Xoan Carlos Laxe e está dirixida por María Márquez.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here