Certame de poesía infantil Nadal 2019 no Saviñao

O concello do Saviñao ten en marcha a fase local do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2019”, que convoca cada ano a Biblioteca Pública Municipal. Os traballos poden presentarse ata o 20 de decembro.

Presentación certame / Concello do Saviñao

O certame conta con tres categorías: A, menos e nenas de ata 8 anos; B, de 9 a 11; e C, de 12 a 16 anos. Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas, cuxa temática ten que versar sobre o Nadal, estarán redactados en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.

O formato de presentación pode ser mecanografiado, escritos a computador ou a man. Neste último caso, sempre a bolígrafo. O prazo de presentación rematará o 20 de decembro.

O xurado, que estará composto por entendidos na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Todos recibirán candaseu diploma e libros. Os traballos premiados nesta fase local participarán na provincial.

Por otra banda o Concello vén de asinar o protocolo de colaboración para a organización conxunta dunha campaña de sensibilización no marco do día internacional contra a violencia de xénero, 25 de novembro, baixo a denominación En Negro Contra as Violencias.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here