A provincia súmase ao momento doce do cine galego con “Longa Noite”

O director de Meira, Eloy Enciso, presenta súa película, Longa Noite, unha historia que nos sitúa no Lugo da posguerra. Con esta cinta, convida á reflexión sobre un período histórico sobre o que "non se profundou moito".

Fotograma de 'Longa noite', a película do director Eloy Enciso (Meira, 1975) | Numax Distribución

O traballo deste cineasta meirego sitúanos no Lugo da posguerra, unha época histórica “na que non se profundou moito”. “A nosa xeración non coñece como foi a primeira parte do franquismo. Non o vivimos, pero é que tampouco nolo contaron ben. A idea da Transición foi esa: non mirar atrás”, sostivo Eloy Enciso despois da proxección da película. A información completa no Lugo Xornal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here