InicioCulturaI Escaleira poética de Sober

I Escaleira poética de Sober

O acto poético e musical, promovido pola activista cultural soberina Moncha Prieto, celebrarase este sábado ás 19:00 horas no Centro Sociocultural

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober colabora coa organización deste evento poético e musical promovido por unha veciña para conmemorar as Letras Galegas deste ano. O acto, que servirá como unha homenaxe a María Victoria Moreno, comezará coa lectura de relatos e poemas dos propios autores con acompañamento instrumental. Participan nesta lectura: Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González e Xosé Lois García. De seguido haberá unha actuación do grupo musical O Trícole.

Súmase a este acto a Escola Municipal de Teatro de Sober cos posta en escena de ‘As Literatas’, unha breve lectura escenificada a partir dun texto de Rosalía de Castro titulado ‘Las literatas’, e subtitulada ‘Carta a Eduarda’. É unha obra de 1865, orixinalmente en castelán, na que se fala da situación das mulleres escritoras de mediados do século dezanove.

As encargadas da posta en escena serán María Rodríguez Trigo e Eva Abal Tobío. A tradución e adaptación do texto de Rosalía foi feito por Eva F. Ferreira, dramaturga e directora da escola.

De seguido, Sara González interpretará un poema con danza. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, será o encargado de pechar o acto.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...