O Ciclo Superior de Vitivinicultura impartirase en Sober o vindeiro curso

Os estudos levaranse a cabo na Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias que pertence á Fundación que leva o mesmo nome

Viña/GC

O vindeiro curso académico 2018-2019, os amantes da vitivinicultura podrán realizar os estudos na escola de hostalería de Sober.

Para acceder a este curso, os interesados deberán estar en posesión dalgún dos seguintes títulos; do Bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos, título de técnico LOE ou LOXSE ou ben ter unha certificación de superación das probas de acceso a ciclo superior ou outras vías de acceso a este tipo de estudos.

O prazo para solicitar a admisión neste ciclo comeza o 25 de xuño e remata o 3 de xullo ás 13:00 horas. A documentación obrigatoria de presentación para este trámite son o NIF, NIE ou pasaporte e a certificación académica da titulación coa que se pretende acceder. Como en calquera outro centro de ensino concertado, os estudos son gratuítos e so pagarán seguro escolar os menores de 28 anos. Ademais, os interesados poderán solicitar beca sempre e cando se cumpran os requisitos da convocatoria.

O curso terá unha duración de 2 anos académicos, cada un deles dende o 18 de setembro ata o 21 de xuño.

Dende o centro falicitan o número de teléfono 982.46.04.69 para máis información.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here