InicioCulturaMúsica, teatro e poesía, citas culturais destes días

Música, teatro e poesía, citas culturais destes días

Nuncy Valcárcel e Gin Toni´s poñerán música ao fin de ano no Círculo cultural recreativo do Saviñao; mentres Monforte ofrece dúas citas co teatro a través do programa de 'Teatro Profesional Proscenio' para a Provincia de Lugo da Deputación Provincial.

Publicado o

- Advertisement -

O Círculo Cultural e Recreativo do Saviñao organiza para este venres, 27 de decembro, ás 20.30 da tarde, a presentación do libro “Poetas do reencontro” e recital poético a cargo da Asociación poética e artística galaico lusa.

O  libro é unha extensa mostra de 75 autores de Galicia e de Portugal, con obras de escritores de Lisboa, Porto, Terra Cha, Ribadavia, Chantada, Monforte, Ourense, Lugo ou O Saviñao. A entrada é libre e aberta a todos os interesados.

Xa para o día 31, o Círculo organiza o baile de fin de ano, contando coas actuacións de Nuncy Valcárcel a partir da 1.30 e dos Gin Tonis a partir das 3.30 h.

Círculo Saviñao

En Monforte, o venres 27, a compañía lucense Lucecús Teatro representará “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”. A cita será ás 18:00 horas no Multiusos. Xa o luns 30 de decembro, ás 18:00 h., o Multiusos acollerá a obra “Belarmina, a fabulosa velutina” da Companía Titiriterra.

A entrada será de balde e as obras, enfocadas a un público familiar, chegan á cidade do Cabe a través do programa de Teatro Profesional 2019-Proscenio para a Provincia de Lugo da Deputación Provincial.

Tamén Ribas de Sil se suma á programación teatral. Este xoves 26 de decembro terá lugar no salón de actos do concello ás 19:00 h. o espectáculo infantil “O vixilante dos soños”. A representación correrá a cargo de Ubú Teatro e chega a San Clodio a través da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

E desde o Concello de Pantón aprovéitanse estas datas para dar a coñecer a celebración do Trece Roeis Fest do 2020. O Festival terá lugar os días 21 e 22 de agosto. As cabezas de cartel daranse a coñecer nos primeiros meses do vindeiro ano.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...