InicioCulturaA música da Banda volve a soar en Taboada por Reis

A música da Banda volve a soar en Taboada por Reis

A Banda de Música de Taboada ofrece o día de Reis o primeiro concerto dunha nova andaina, despois de case tres anos de parón. A cita ás 13.00 na casa da cultura.

Publicado o

- Advertisement -

O director da Banda, Miguel Franqueiro, explica que tocarán temas coñecidos “que abarcarán un amplo repertorio, sobre todo contemporáneo, desde música de cine ata compositores do século XX e XXI sen esquecer o toque de Nadal”.

No concerto van participar antigos membros da banda, novas incorporacións e outros músicos que se animaron a tocar. Desde a formación destacan a aposta que se está a facer pola Escola de Música. Trátase, segundo apunta Franqueiro, “de ter unha banda que en pouco tempo se autosustente e teña na Escola de Música a súa principal canteira”.

O concerto de Reis, co que colabora o Concello de Taboada, será o día seis á unha da tarde no auditorio do antigo cuartel de Taboada. A entrada é de balde.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...