InicioCulturaOs nenos de Sober ilustrarán o novo conto de Antón Valcarce

Os nenos de Sober ilustrarán o novo conto de Antón Valcarce

Publicado o

- Advertisement -

As Merendas con contos que organiza o Concello de Sober recibiron este sábado, a visita do escritor Antón Valcarce, que presentou o seu libro Troitiña, que pronto será publicado. A súa filla, Nadia, leu a fermosa historia.

Na súa visita Valcarce propuxo que sexan os pequenos e pequenas das Merendas con contos os que ilustren o seu novo libro. Serán 4 ou 5 ilustracións que acompañarán o texto dun conto que espera estea nas librerías no mes de abril.

Desde o Concello de Sober agradecen esta oportunidade e felicitan ao escritor polo seu novo traballo, que agardan sexa moi exitoso.
Antón Valcarce nas Merendas con Contos / Concello de Sober

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...