InicioCulturaDesfile de carrozas no Incio o día 22

Desfile de carrozas no Incio o día 22

O Concello do Incio organiza para o sábado 22 un desfile de carrozas para celebrar o Entroido.

Publicado o

- Advertisement -

A saída do desfile será desde a residencia ás 18:00 horas e o percorrido rematará diante da Casa do Concello. Ás 19:00 horas haberá chocolatada e doces de Entroido na Praza do Concello. A celebración estará amenizada por un trío musical. O Concello do Incio terá agasallos para as carrozas participantes, que deben anotarse antes do día 22 chamando ao número 982 42 70 14.

Ás 22:00 horas haberá unha cea-baile no Mercado Gandeiro do Incio organizada polos veciños e veciñas á que animan a asistir disfrazado. O menú está composto por sopa de cocido, cocido, sobremesa e café e terá un prezo de 15 euros para os adultos e será gratuíto para os nenos e nenas ata os 8 anos.

Tamén haberá música en directo con DJ Francis. As entradas poden adquirirse nos bares do Incio e na Ferretería O Garabato.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...