InicioCulturaA piscina de Sober celebrará unha xornada de portas abertas o 29...

A piscina de Sober celebrará unha xornada de portas abertas o 29 de xuño

O concello ofrece o acceso gratuito a todos os usuarios das instalacións que se acheguen este venres, día de comezo da tempada.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober organiza para o venres 29 de xuño unha xornada de portas abertas nas piscinas municipais con acceso gratuito a todos os usuarios.

O horario de acceso ó público será de 13:00 a 21:00 horas de luns a domingo e podrán gozar de acceso wifi gratuíto. O espazo de lecer estival foi modificado e este ano os bañistas poderán desfrutar dunha zona de sombra na carballeira ademais de ser o punto onde se celebrarán parte das actividades programadas polo Goberno local.

A partir do venres, o prezo da entrada será de 2,50 euros para os adultos e de 1,50 para os menores de idades comprendidas entre os 10 e 15 anos. Igualmente, o Concello pon a disposición dos usuarios bonos mensuais. Deste xeito, o bono mensual familiar custará 40 euros e individual mensual, 30 euros.

Para este verán tamén están organizadas diversas actividades para todas as idades como cursos de natación para nenos e adultos, aquagym, bibliopiscina, xincanas, talleres e actuacións entre outras.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...