Cultura no Camiño chega a 8 concellos do sur da provincia

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da convocatoria do 2019 das axudas do programa Cultura no Camiño, que reflicte que na provincia de Lugo resultaron beneficiados 19 concellos, cun reparto igualitario de 2.500 euros a cada un, alcanzando un orzamento total de 47.500 euros.

Actuación do grupo 'Carta de Ajuste' no Ciclo Cultura no Camiño 2019 (Pantón). Foto: Concello

A Consellería de Cultura e Turismo ten ata o 30 de marzo, aberto o prazo de solicitudes para que os municipios polos que discorren as rutas xacobeas se sumen ao proxecto. Estas axudas teñen como finalidade promover a programación de eventos culturais de carácter profesional nos concellos das rutas xacobeas, en particular de espectáculos de teatro, música, danza, novo circo e maxia de creadores galegos.

A concesión das axudas tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva e a dotación económica será, como máximo, de 3.500 euros en concello de máis de 20.000 habitantes e de 2.500 euros en concello de menos de 20.000 habitantes.

Das axudas do 2019 participam no Camiño de Inverno, os concellos de Quiroga, Chantada, Pantón e Monforte de Lemos; e no Camiño Francés os de Paradela, Palas de Rei, Sarria e Portomarín. Cultura no Camiño busca dinamizar e descentralizar a oferta cultural, ao tempo que favorecen a contratación de espectáculos producidos en Galicia

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here