Música solidaria, bandeira cidadá contra o Covid19

Os concellos de Sober, Sarria, A Pobra do Brollón ou Chantada apostan por vídeos e propostas musicais locais nas súas redes; para dar voz á esperanza dos veciños. Así fanse eco da mensaxe da residencia de anciáns de Sober, do grupo Louband de Sarria, de Tico dos Yellow Pixoliñas e da Casa da Música de Chantada.

TICO YELLOW PIXOLIÑAS
Os días de confinamento seguen pasando e a música convértese no vehículo escollido por moitos colectivos para achegarse entre si e levar unha mensaxe de ilusión e esperanza aos fogares de amigos e familiares, da veciñanza e da poboación en xeral. Esa música coas imaxes dos protagonistas distribúese a través das redes sociais para chegar coa súa mensaxe ao maior número posible de persoas.
En Sober, concello de gran tradición musical, a Banda Municipal xa fixo a súa achega e agora faina o persoal da residencia de maiores Virxe do Carme. A petición do persoal foi publicada nas redes sociais do Concello de Sober, que agradece o traballo levado a cabo polo persoal e a forza e vitalidade dos residentes.

‼MENSAXE DE FORZA E ÁNIMO‼📽 VÍDEO. O persoal da Residencia de Maiores Virxe do Carme de Sober dedícalle este fermoso traballo aos seus heroes "que non teñen capa…levan bastón".Grazas a todos e todas as traballadoras polo seu bo facer, polo seu inmenso labor e por este agasallo cheo de enerxía ❤E grazas aos nosos maiores pola súa forza e a súa vitalidade. Son os nosos heroes e as nosas heroínas ❤👍 Agradecémosvos que o compartades como unha maneira de aplaudir toda a súa dedicación!!! 👏👏👏👏👏👏👏

Publicada por Concello de Sober en Lunes, 13 de abril de 2020

Na residencia de Sober escolleron, Vivir de Rozalén; que tamén foi a canción escollida pola Casa da Música de Chantada, que desde o seu facebook sinalan, “Aínda que nos amole, nós quedamos na casa, e ti? Moita forza nesta loita diaria, invisible e decisiva. Xuntas venceremos!!!

Vídeo Casa da Música de Chantada: Queda na casa

Aínda que nos amole, nós quedamos na casa, e ti? Moita forza nesta loita diaria, invisible e decisiva. Xuntas venceremos!!!

Publicada por Casa Da Música De Chantada en Domingo, 12 de abril de 2020

O concello da Pobra do Brollón ten en marcha nas redes, nestes días de corentena, GuimaraliaTeVe, para entretemento e información dos veciños. A música tamén é protagonista. Este día 14, esa música chega da man de Tico, ex Yellow Pixoliñas e veciño de Cereixa, neste concello. Presenta ‘Elíxeme’.

Guimaralia Te Ve con Tico

Hoxe temos o gran honor de presentar 'Elíxeme', a nova composición de Tico – veciño de Cereixa e ex-Yellow Pixoliñas – feita na corentena para compartir con todos e todas vós en #GuimaraliaTeVe.#euquedonacasa #quedanacasa

Publicada por Concello A Pobra Do Brollón en Lunes, 13 de abril de 2020

Os integrantes de Louband de Sarria presentaban a semana pasada nas redes, ‘Te jodo todo el plan’, unha canción sobre o #Covid19, que compartiu para os seus veciños o concello de Sarria.

#heroes #heroinas Louband! Querémosvos!!#quedateencasa #quedanacasa #concellodesarria #estevirusloparamosunidos #senmedoperoconprecaución

Publicada por Concello De Sarria en Miércoles, 8 de abril de 2020

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here