Sábado de concerto na Pobra do Brollón

O ciclo de concertos Cos Pés Na Casa, organizado polo Concello da Pobra do Brollón, continúa este sábado 18 con Laura LaMontagne e PicoAmperio.

LaMontagne e PicoAmperio

Os músicos ofrecerán a súa orixinal mestura de música electrónica e folclore galega e portuguesa en directo ás 21:00 na páxina de Facebook do Concello.

LaMontagne define o concerto deste sábado como ‘unha experiencia ecléctica; unha viaxe tocando diferentes puntos da xeografía galega e portuguesa’. Algunhas das referencias presentes no seu repertorio son Fernando Pessoa, Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Airas Nunes e Martín Códax… ademais de creacións propias.

Unha fusión de influencias e dunha variedade de músicas como hiphop, ambient, cantigas medievais, música india… Os artistas recomendan enchufar o móbil a un altofalante e subir o volume para gozar de tódalas matices do concerto.

Nas redes sociais do Concello da Pobra do Brollón está publicado un petisco do que será o concerto do sábado. Tamén difundirase unha entrevista a distancia con LaMontagne e PicoAmperio, que pronto estará dispoñible en Guimaralia Te Ve, unha sección de contidos audiovisuais elaborados e publicados diariamente en colaboración cos veciños.

GTV entrevista a Laura LaMontagne e PicoAmperio

Mira a segunda parte da nosa entrevista con Laura LaMontagne e PicoAmperio para saber que poderemos esperar este sábado en #CosPésNaCasa. Tamén falamos de influencias transfronterizas, a confluencia tradición e modernidade, e comentamos o panorama da música galega actual. Para terminar, dan unhas recomendacións sobre como mellor escoitar o seu concerto do sábado. Lembrade, ás 21:00 aquí en Facebook Live do Concello A Pobra Do Brollón.#GuimaraliaTeVe #euquedonacasa #quedanacasa

Publicada por Concello A Pobra Do Brollón en Jueves, 16 de abril de 2020

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here