“Carvalho nas fiestras” en Bóveda

O Concello de Bóveda conmemora as Letras Galegas desde esta fin de semana a través da iniciativa ‘Carvalho nas fiestras’.

Carvalho nas fiestras / Concello de Bóveda

O concello de Bóveda vén de instalar dúas exposicións de carteis nas ventás do Centro Sociocultural da localidade que poden verse desde o seu exterior, sen a necesidade de acceder. A idea é que a xente poida achegarse a pé ou en coche e poida ter acceso ás mostras cando o desexe.

As cristaleiras son empregadas a modo de soporte expositivo no que poder ver a mostra a calquera hora. Unha delas é ‘Recordando a Carvalho Calero’, proposta polo alumnado de Primaria do CEIP Xesús San Luis Romero, de Carballo, e a outra ‘Unha vida polo galego’ do alumnado de Secundaria do IES Ferrol Vello de Ferrol.

Esta proposta lúdico-cultural foi elaborada cos materiais que figuran no portal da lingua galega da Xunta de Galicia e cos carteis das exposicións gañadoras do concurso exposición Letras Galegas convocado polo Goberno autonómico.

O Concello de Bóveda reabre tamén o servizo de préstamo e devolución de libros na Biblioteca Pública Municipal con cita previa no teléfono 982 426 177.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here