InicioCulturaA Pobra do Brollón abre a viaxe de María Solinha por outros...

A Pobra do Brollón abre a viaxe de María Solinha por outros 11 concellos da provincia

O deputado, Efrén Castro, asistiu á proxección que se levará a 11 concellos máis co apoio da área de Cultura. A cita estivo precedida por un coloquio no que participaron o director do filme Ignacio Vilar e as actrices protagonistas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Pobra do Brollón acolleu esta noite do 20 de xullo a estrea da película Maria Solinha, dirixida por Ignacio Vilar. A proxección do filme, que trae á actualidade a lenda de Maria Solinha acusada de bruxería e perseguida pola Inquisición no século XVII, tivo lugar nos Carballos a carón da igrexa de Cereixa, ao aire libre, nun espazo habilitado para cumprir coas medidas hixiénicas e de distanciamento persoal para previr o contaxio da Covid 19.

O Concello da Pobra de Brollón e a Asociación Veciñal María Castaña colaboraron na organización do visionado, que inicia o ciclo de proxeccións ao aire libre impulsado pola área de Cultura para dar a coñecer o filme recén chegado ás salas comerciais en distintas localidades da provincia.

Antes do visionado, o director e as dúas actrices protagonistas, Grial Montes e Laura Míguez, participaron nun coloquio no que compartiron as vivencias do tempo de documentación e rodaxe da película. No relatorio tamén participou o historiador e arqueólogo Xurxo Ayán, natural da Pobra, cunha intervención na que sinalou os elementos comúns ao mito de Maria Solinha e ao de María Castaña, dúas mulleres enfrontadas ao poder e á Igrexa.

Na presentación do acto, o deputado Efrén Castro  subliñou a necesidade de “apoiar a creación artística en galego ofrecendo canles de distribución que permitan chegar a público de todo o territorio”.

Presentación María Solinha / Vicepresidencia

11 PROXECCIÓNS MÁIS ENTRE XULLO E AGOSTO

A Pobra do Brollón foi a primeira parada do ciclo de proxeccións ao aire libre que organiza a área de Cultura e que levará o filme a outros 11 municipios da provincia nos meses de xullo e agosto, coa colaboración dos concellos e de asociacións culturais.

A vindeira proxección será mañá martes (21 de xullo) na Casa da Cultura do Corgo. Seguirán presentacións en Meira, Vilalba, Barreiros, Guitiriz, Becerreá, Monterroso, Xove, Fonsagrada, O Valadouro e Outeiro de Rei.

Presentación María Solinha / Vicepresidencia

Calendario das proxeccións pechadas:

– 21 de xullo: O Corgo.
– 27 de xullo: Meira.
– 28 de xullo: Vilalba.
– 3 de agosto: Barreiros:  Premier coa presenza do director, Ignacio Vilar, e as actrices Grial Montes e Laura Míguez.
– 4 de agosto: Guitiriz.
– 11 de agosto: Becerreá.
– 17 de agosto: Monterroso.
– 18 de agosto: O Valadouro.
– 25 de agosto: Outeiro de Rei.

ÚLTIMAS

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...