InicioCulturaCine na rúa en Folgoso do Courel

Cine na rúa en Folgoso do Courel

O Concello de Folgoso do Courel leva o Cine á Rúa este verán coa proxección ao aire libre do filme galego ‘O que arde’, protagonizado por Benedicta Sánchez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sesión terá lugar o sábado día 22 de agosto na Praza do Concello da localidade. A apertura de portas será ás 21:00 horas. A película será presentada polo seu director, Oliver Laxe ás 21:45 horas e dará comezo ás 22:00 horas.

Ao remate da proxección haberá unha charla coloquio co seu director. A película desenvólvese nunha zona rural de Galicia e aborda o problema da desaparición do medio rural por mor dos incendios forestais. O reparto está formado por actores non profesionais da serra de Ancares, e está protagonizada por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae de prisión despois de ser condenado como responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de  Benedicta, a súa nai, interpretación que a faría gañadora do premio Goya á mellor actriz revelación.

É a película máis vista en galego, con máis de 62.500 espectadores nos cinemas despois do seu lanzamento. Cine na rúa (www.cinenarua.com) nace como proxecto para promover a e difundir o cinema feito en Galicia.  

                                                                               

ÚLTIMAS

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...

A Xunta reactiva as notificacións para queimas agrícolas

A Xunta de Galicia decidiu volver activar os permisos para queimas agrícolas de particulares....