Teatro ao aire libre en Sarria

O Concello de Sarria, na súa aposta polo lecer e a cultura, segue a programar actividades para todos os públicos e con medidas hixiénico-sanitarias anti covid19.

Imaxe gráfica parcial do cartel.

Este domingo 2 de agosto ás 22:00 h. a Praza da Vila de Sarria acollerá un espectáculo teatral de MDM Producións, trátase da adaptación da obra de Carlo Goldoni “Los dos gemelos venecianos”. Haberá control de aforo, con distancia de seguridade, acceso con máscara e xel hidroalcólico para os asistentes.

A obra

Tonino e Patricio son dous xemelgos, separados desde nenos, que non se viron nunca, aínda que saben cada un da existencia do outro. Tonino é tan bobo, simple e pegado á terra como Patricio audaz e vividor. A chegada dos dous a Verona provocará mil equívocos. Tonino vén desde Bérgamo para casar con Lisaura e Patricio desde Venecia a buscar a Giannina…

Trátase, en definitiva, dun xogo de espellos, no que o cotián mestúrase co fantástico, e no que as andanzas dos xemelgos non son máis que unha escusa para falar da dualidade humana. Os constantes enredos acabarán facendo as delicias do espectador.

Cartel completo do espectáculo. MDM Producciones.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here