InicioCulturaO Pazo de Tor acolleu a XX MINOM

O Pazo de Tor acolleu a XX MINOM

O Pazo de Tor acolleu a XX Conferencia Internacional do Movemento Internacional sobre Museoloxía Social (MINOM), da que saiu a Declaración Lugo Lisboa 2020.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, asistiu á clausura da XX Conferencia Internacional do Movemento Internacional sobre Museoloxía Social (MINOM), que se celebrou este sábado no Pazo de Tor de Monforte.

A Conferencia estaba organizada pola Rede Provincial en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade Lusófona de Lisboa.

Os membros do comité científico do congreso formularon as conclusións museísticas e elaboraron a Declaración Lugo Lisboa 2020 que concreta as directrices, recomendacións e retos aos que terán que enfrontarse os museos no ámbito social, ambiental, político e económico.

No acto, participou tamén a vicerreitora do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcárcel.

MINOM / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...