InicioCultura‘Premios Alecrín 2020’ en Castro Caldelas

‘Premios Alecrín 2020’ en Castro Caldelas

O castelo de Castro Caldelas foi testemuña da entrega dos devanditos méritos este pasado 11 de agosto. No acto participou Uxía que cantou en catalán e en galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Premios Alecrín 2020 están dedicados ao 60 Aniversario da tradución da Biblia ao Galego polo caldelao Manuel Casado Nieto, Presidente máis lonxevo do Centro Galego de Barcelona no que estivo exercendo o cargo durante 17 anos.

Sara Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas, lembra que esta institución da emigración galega na cidade condal contou ao longo da súa historia con outros presidentes caldelaos, entre eles Olegario Sotelo Blanco.

O evento celebrouse ás 12:00 h. no Patio de Armas do Castelo e foi presentado polo locutor de radio galego-catalán Xosé Carlos. Interviñeron o ex-presidente do Centro Galego de Barcelona e Asesor de Emigración da Deputación, Manuel Carrete, a cantante Uxía con pezas interpretadas en catalán e en galego, e a propia alcaldesa que pechou o acto.

Entrega dun Premio Alecrín á cantante Uxía. Foto: Concello Castro Caldelas.

Os Premios Alecrín chegan a este concello por terceira vez e nesta ocasión cun detalle especial ao recibir o consistorio a doazón dun cadro pintado polo malagueño Francisco Naranjo, autor de carteis da Semana Santa Andaluza e restaurador das obras da Catedral de Málaga baixo a dirección de Pedro de Mena. O cadro foi doado pola FEGALCAT (Federación de entidades culturais galegas en Cataluña) e entregado de mans da súa secretaria Marisol Pérez, de Olegario Sotelo -ex-presidente do Centro Galego de Barcelona, e Henrique Fernández -Presidente-fundador da Asociación Rosalía de Castro de Cornellá-. O devandito cadro, segundo acordo presentado ao Pleno polo Grupo de Goberno, será entregado ao Santuario dos Remedios da propia vila. O cadro representa a alegoría de San Sebastián, patrón de Castro Caldelas e figura relevante da Festa dos Fachós dende 1751.

Entrega do cadro do malagueño Francisco Naranjo. Foto: Concello Castro Caldelas.

Os galardoados, figuras relevantes da cultura, as letras, o deporte, a música, a empresa privada, a viticultura,… foron: A Lira de Ribadavia, o debuxante Siro, a Fundación Vicente Risco, Justo Molinero -Radio Tele Taxi-, o ciclista Óscar Pereiro, a cantante Uxía, Juan Luis Méndez da Adega Vía Romana, o escritor Amador Castro Moure, o cura de Cacabelos, Jesús Álvarez, o Pazo Mariñán-Adegas Monterrei, Aura seguros, a Casa do Patrón de Lalín, García & García, Celtic Estores e a sociedade Cooperativa Agrícola Gistredo Castaña de Parede.

Entrega dun Premio Alecrín ao ciclista Óscar Pereiro. Foto: Concello Castro Caldelas.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...