InicioCulturaO Folión de Carros sae á rúa en forma de exposición

O Folión de Carros sae á rúa en forma de exposición

A Asociación Cultural Amigos do Folión inaugura este venres a Exposición exterior “Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada”. A cita na Avenida Xoán XXIII (á altura da igrexa nova) ás 21:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición “Folión de Carros. Patrimonio Cultural de Chantada” foi deseñada pola Asociación Cultural Amigos do Folión e financiada pola Concellería de Cultura do Concello de Chantada.

A exposición consta de 24 paneis, agrupados en 6 cubos con catro caras colocados en grandes espazos. Cada cara/panel está composta por unha imaxe representativa do Folión de Carros e unha breve descrición da propia imaxe. As imaxes seleccionadas ofrecen unha mostra da diversidade propia da celebración e a importancia que teñen as persoas para a súa continuidade. Utilízanse tanto fotografías do propio desfile* como de outros aspectos que os carroceiros carroceiras consideran relevantes para o Folión de Carros: preparación, cooperación ou desmontaxe dos carros.

Amigos do Folión

As fotografías do desfile mostran as características principais do Folión de Carros: representación de oficios e labores antigas, xugadas de bois e vacas, ambiente festivo, emocións intensas durante o Folión e moita colaboración entre os carroceiros e carroceiras. As imaxes utilizadas na exposición foron tomadas polos fotógrafos chantadinos Segundo Navaza, Lucía Cereijo e Martín Varela entre os anos 2016 e 2019, a excepción da imaxe do carro “O lugar da Hermida”, que foi tomada no ano 2000 e que forma parte do arquivo gráfico da Asociación Cultural Amigos do Folión. A exposición será visitable na Avenida Xoán XXIII de Chantada entre o venres 21 de agosto e o mércores 26 de agosto do 2020.Nos meses seguintes será trasladada a diferentes lugares da Comunidade Autónoma de Galicia.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...