La Pequeña Gran Compañía na terraza do Círculo Saviñao

O dúo La Pequeña Gran Compañía ofreceu aos socios do Círculo unha amena actuación na terraza.

La pequeña gran compañía / Círculo Saviñao

Sergio Ariel Rodriguez Riarte (guitarra e voz) e Amor Herrera (trombón, voz e percusión), naturais de Arxentina e Cuba, son os integrantes do grupo. Temas da música popular cubana e versións de autores modernos arxentinos e españois dos noventa conformaron o repertorio do concerto, que os asistentes aplaudiron e compartiron.

Este dúo xurdiu no 2010 e destácase por unha coidada e minuciosa posta en escena. Desenvolveron un repertorio aberto e accesible a todos os públicos facendo un concerto próximo, interactivo e entretido.

La pequeña gran compañía / Círculo Saviñao

A terraza do Cítculo é un espazo aberto que, con aforo reducido e respectando a distancia física e a máscara obrigatoria, ofrece unhas condicións que permiten poder seguir desenvolvendo con prudencia a programación cultural de verán.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here