Dos en Punto na terraza do Círculo

Dos en Punto / Círculo Saviñao

A terraza do Círculo Saviñao continúa acollendo concertos. Este sábado actuou o dúo Dos en Punto formado por Carlos Bau e Hugo Torreiro, da Coruña, que interpretaron una selección das mellores cancións pop españolas. Son dous artistas de xeracións diferentes pero unidos no reto de poñer as terrazas en pé coa súa música.

Dos en Punto / Círculo Saviñao


Carlos Bau e Hugo Torreiro ofreceron un repaso ós grandes éxitos do pop español dos anos 80-90. No seu repertorio e particular ‘máquina do tempo musical’ houbo algo para todos: Los Secretos, Nacha Pop, Luz Casal, Hombres G, La Guardia, Mecano, Radio Futura, Ronaldos, Loquillo, Masiel, Sabina … xunto cunha longa lista de grandes artistas e cancións nacionais, especialmente éxitos de onte, hoxe e sempre.

Foi ademais unha actuación amena e divertida que socios e amigos do Círculo Saviñao en Escairón aplaudiron e desfrutaron.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here