InicioCulturaSober vólcase cos máis novos no verán

Sober vólcase cos máis novos no verán

Tras o éxito da festa acuática este xoves haberá un espectáculo de contos cunha avoa moi particular, a Señora Filipa.

Publicado o

- Advertisement -

Exitosa xornada a do martes 17 de xullo no recinto das piscinas municipais onde os numerosos asistentes puideron gozar dunha xornada de inchables. E para seguir co lecer e as actividades, o xoves 19 o concello volverá acoller outra sesión adicada ós cativos.

Desta volta o espectáculo programado é Mar adiante! Filipa cos contos que tamén se celebrará no recinto das piscinas municipais a partir das 18:00 horas. Unha posta en escea baseada na figura da escritora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno, e a súa obra narrativa Mar adiante.

E para completar o espectáculo, historias e contos do repertorio tradicional e popular. Contos “filipantes”, “contos cantados” acompañados da guitarra e xogos co público. Fran Campos e a señora Filipa, e cada un ao seu xeito, farán posible unha sesión de contos dirixida a un público familiar e participativo; tanto cativos como maiores poderán gozar, aprender e reflexionar dende as súas distintas visións dos contos populares.
O espectáculo que trae a Sober Hermanager Producións está enmarcado dentro do Ciclo Cultura no Camiño que promove o Agadic en colaboración cos concellos.
Cartel do espectáculo de Fran Campos/Concello de Sober

 

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...